Sociais De 4º De Eso (Libro De Texto)

Sociais De 4º De Eso (Libro De Texto)

Autor : Xosé Alfeirán Rodríguez,ana Romero Masiá
Género : Libros, Ciencias, tecnología y medicina, Medio ambiente,
Leer : 2886
Descargar : 2405
Tamaño de archivo : 15.98 MB
Formato : PDF, ePub

Tomar este libro

Sociais De 4º De Eso (Libro De Texto)

Críticas Baía Edicións pon no mercado o proxecto de libros de texto e materiais complementarios para a área de Ciencias Sociais na Educación Secundaria Obrigatoria, do que lles presentamos neste curso, por motivos administrativos alleos a nós e á marxe da dinámica habitual, os referidos a 4º curso da ESO, de forma que coincidan coa aplicación da gratuidade e posibilitar así o máximo aproveitamento do material. Os autores, Xosé Alfeirán Rodríguez e Ana Romero Masiá, preséntannos uns materiais moi traballados, tanto no seu contido como na aplicación práctica nas aulas, froito da súa longa experiencia no eido educativo. Destacamos o feito de que todos os materiais foron elaborados polo mesmo grupo de traballo, o que garante a súa unidade e coherencia. A metodoloxía didáctica combina a exposición e explicación causal dos feitos históricos e xeográficos coa aprendizaxe potencialmente significativa do alumnado. Favorece esta recepción a presenza abundante de documentación textual, gráfica e iconográfica, ademais de elementos como sinalizadores visuais, eixes cronolóxicos e organizadores gráficos presentados en forma de redes conceptuais que facilitan a interrelación dos contidos abordados na unidade temática. As unidades combinan, de forma equilibrada, a exposición e explicación de contidos conceptuais coa información facilitada polos documentos textuais, as ilustracións, as gráficas, os mapas, de modo que a información facilitada por estas fontes confirma, clarifica, motiva ou amplía o discurso das autoras. O proxecto que nos ocupa, realizado integramente por autores galegos, incorpora plenamente os aspectos históricos, xeográficos e artísticos relacionados con Galicia no conxunto das unidades temáticas e non de forma illada, resaltando aqueles que merecen tratamento específico pola súa significación. O tratamento pedagóxico do uso da dobre páxina enténdese como unha unidade de contido, e incorpora as cuestións que deben responder as alumnas e alumnos e que facilitan o estudo e a comprensión dos temas propostos. Ao final de cada unidade incorpóranse tres dobres páxinas que pretenden axudar a reforzar as competencias básicas que se traballaron ao longo da unidade. Estas preséntanse na forma de: Monografías, nas que se investiga e produndiza sobre un tema relacionado coas unidades, normalmente referido a algunha especifidade galega e/ou á realidade das mulleres. Lecturas complementarias, para completar e reflexionar sobre aspectos relacionados coa unidade. Lembra e aplica, con actividades e recomendacións para aplicar, ler, ver e investigar na busca de información. Os libros de texto acompáñanse dun cd-rom do desenvolvemento curricular da materia, coa programación anual, na que se indica a correspondencia entre estas e as competencias básicas nas que máis se incide. Inclúense tamén as solucións ás probas de avaliación. Ademais, os autores propoñen un conxunto de materiais, organizado coa mesma secuencia temporal e temática que o libro do alumnado, con catro obxectivos: dispor de recursos para abordar un tratamento diversificado; contar con información complementaria relacionada coa temática xeral da unidade de moi diferente entidade, desde conceptos novos como de carácter máis trivial ou de simple curiosidade; propor actividades lúdicas nas que se reforzan contidos; e, por último, contar con modelos de avaliación para cada unidade coa súa correspondente solución. O libro de texto acompáñase do desenvolvemento curricular da materia, coa programación anual.

Access 2003

Access 2003

Autor : Icb
Género : Libros, Informática, internet y medios digitales, Bases de datos,
Leer : 858
Descargar : 715
Tamaño de archivo : 4.75 MB
Aguilucho: Restauracion De Muebles

Aguilucho: Restauracion De Muebles

Autor : Jaime Mesalles De Zunzunegui
Género : Libros, Hogar, manualidades y estilos de vida, Antigüedades y coleccionables,
Leer : 2652
Descargar : 2210
Tamaño de archivo : 14.69 MB